
A Film Commission será a ventanilla única para os trámites sobre calquera produción Máis da metade do gasto foi en persoal técnico e artístico e un 15% en hostalería e aloxamentos
15 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O impacto económico directo das producións cinematográficas e televisivas que se rodaron en Santiago dende setembro do 2001 ascende a 3,5 millóns de euros. O maior volume de gasto foi para contratar personal técnico e artístico local, cun 34% e un 21% respectivamente, e no sector da hostalería e aloxamento, aos que foron preto de 423.000 euros. O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, presentou un balance de resultados da labor nestes tres últimos anos da Compostela Film Commissión, a oficina encargada de facilitar o traballo de localizacion e preprodución a profesionais que queiran rodar en Santiago. Entre setembro do 2001 e o mesmo mes do 2002 rodáronse en Santiago 8 producións, pero a cifra duplicouse no mesmo período do 2002 ou 2003, e chegou ás 21 no último ano. Das 45 rodaxes que se fixeron na cidade, 35 foron para producións españolas, tres eran coproducións e as demais eran inglesas, italianas, francesas e e dúas xaponesas entre longametraxes (11), documentais (8) películas para televisión, curtametraxes (6) e publicidade (7) . A finais deste mes rodaránse en Compostela imaxes para a película francesa Saint Jacques , de Celine Serrau, directora de Tres solteros y un biberón , e a mediados de outubro rodaranse imaxes para Residencial caribe , un filme de Ángel Peláez protagonizado por José Sancho e Jordi Vilches. A Film Commission actuará a partires de xaneiro do 2005 como ventaniña única entre a administración local e os profesionais interesados en utilizar Santiago como plató. Será determinante a aprobación polo Concello da ordenanza coa normativa sobre permisos, taxas (arredor de 322 euros por día), licencias e xestións para o uso de espazos públicos, ademais dun regulamento de infraccións e sancións para garantir a seguridade patrimonial e das persoas.