O obradoiro de emprego A Veliña chegou ao seu fin

La Voz

BARBANZA

Cousas da xente A delegada de Traballo, María Debén, e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, entregaron os diplomas aos 40 alumnos

28 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Un ano despois da posta en marcha do obradoiro de emprego A Veliña, a iniciativa que dirixiu Santi Páramo chegou ao seu fin. A delegada provincial de Traballo, María Debén, e o alcalde, Pedro Piñeiro, foron os encargados de entregar os diplomas aos corenta alumnos. Entre as obras que realizaron destaca a mellora da praza de Rañó ou o acondicionamento do entorno do centro cultural de Leiro. ?empo para reunirse Os empregados da empresa Brauron acudiron ao restaurante Chicolino, cuxo propietario é Arturo Fajardo, para desfrutar dunha cena de Nadal. Para relamberse os dedos Os pratos elaborados polo equipo de cociña de María del Carmen Gómez deixaron máis que satisfeito ao persoal do negocio José de Bealo. Encontro navideño Para poñer o punto e final a un ano de esforzo déronse cita en Boiro os traballadores de Vidal Armadores. Non faltaron os mariscos nin os doces típicos destas datas. A firma Fairland elixiu Chicolino para compartir mantel e facer balance do ano. A comida convenceu e o ambente foi do máis agradable. Xantar de empresa A plantilla de García Sánchez Seguros reuniuse para así tratar de entrar con bo pé no 2007 e degustar un menú moi apetitoso. Un regalo gastronómico Amas de Casa de Ribeira, que preside Magdalena Bringas, preparou a mesa navideña. O alcalde, José Luis Torres, formou parte do xurado do concurso de repostería.