Os hostaleiros póñense á última en tecnoloxía

La Voz

BARBANZA

Cousas da xente Profesionais da área barbancesa asistiron no polígono industrial da Tomada a unha demostración do que son capaces de preparar os fornos de última xeración que hai no mercado

15 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

?erca de medio cento de hostaleiros dos municipios de Barbanza, Muros e Noia asistiron nas instalacións da empresa Frig-bar, ubicada no polígono pobrense da Tomada, a unha demostración na que se lles amosou como funcionan os fornos de convección de última xeración. De que todo saíse segundo o previsto encargáronse o departamento comercial da compañía, un área da que é responsable Marcos Roig , e o representante de Convotherm Galicia, José Manuel Balay . Os profesionais da restauración tiveron a oportunidade de poñerse ao día e de ir pensando en como modernizar as súas cociñas, se é que lles fai falta algún retoque. Degustación Como no mundo da cociña tan importante como a presentación é o paladar, os hostaleiros que acudiron á demostración en Frig-bar no só viron como se preparaban os pratos, tamén tiveron ocasión de saborear pescado, carne asada e produtos de bollería. Un restaurador de Valencia, Juan Espinosa , foi o encargado de preparar cada un dos pratos e de responder ás dúbidas dos asistentes. Por si algún hostaleiro da bisbarra se quedou cas ganas de presenciar en directo como se preparan os alimentos nos fornos máis modernos, a compañía Frig-bar, rexentada por José Roig Domínguez , leva a cabo este tipo de exhibicións nas novas instalacións que ten na Pobra. Quenes desexen saber que se coce no mundo tecnolóxico da hostalaría teñen agora unha boa oportunidade para descubrilo. Toda unha vida O centro social de Outes está ultimamente máis concorrido que nunca. A causa de que haxa moreas de persoas visitando as instalacións débese, nada menos, que á inauguración dunha exposición de fotografías titulada Dezasete anos de vida. Trátase dunha colección que recolle, en duascentas instantáneas, moitas das actividades que se teñen realizado neste lugar durante cerca de dúas décadas. Entre os primeiros que acudiron a visitar as fotos estivo o alcalde outiense, Carlos López Crespo, quen conversou cos asistentes sobre o que pode verse nas imaxes. A colección estará aberta ao público ata o 15 de abril, polo que aínda hai tempo para visitala. ¿Onde estou? Na inauguración da mostra, á que asistiu a concelleira de Servizos Sociais, Mari Carmen Buján , tamén estaban moitos dos maiores que participan nas actividades e que, polo tanto, aparecen en boa parte das fotografías que se exhiben nos paneis. Por ese motivo, non debe estrañar que os asistentes pasen boa parte do tempo buscando en que imaxes están eles. Deste xeito tamén recordan a excursión na que participaron ou os talleres nos que aprenderon a facer diversas manualidades. A asemblea da Cruz Vermella de Boiro celebrará mañá o tradicional acto anual no que se da a coñecer aos asistentes as actividades desenroladas durante o pasado ano. A coordinadora da ONG no municipio boirense, Teresa Romero , tamén preparou para esta xornada unha entrega de diplomas. Ademais, informarase aos socios do balance económico do 2006. O encontro para lembrar o que aconteceu e repasar como saíron as diferentes actividades terá lugar ás 12.00 horas na primeira planta do centro social da localidade.