Unha maratón infantil e xuvenil na Fundación Granell para ler «Alicia no país das maravillas»

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

BARBANZA

28 mar 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?n dos libros máis universais e coñecidos por pequenos e adultos, Alicia no país das marabillas , é a obra elixida para a maratón de lectura infantil e xuvenil que se celebra hoxe na sede da Fundación Eugenio Granell, no Pazo de Bendaña. Está organizada pola devandita entidade e pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix). A maratón iníciase ás 10.00 coa lectura por parte de Mercedes Rosón, membro do padroado da Fundación Granell, e de Miguel Vázquez Freire, directivo de Galix. As quendas seguirán ate as 14.00 horas, e pola tarde serán de 16.00 a 20.00 horas. Os profesores dos centros escolares que participen poderán organizar as lecturas individualmente ou en grupos, con representacións teatrais e outras propostas arredor da obra de Lewis Carroll. Os participantes disporán de versións da obra en galego e en castelán, e poden ver a exposición con obras de Philiph West arredor do mundo de Alicia.