A escritora brasileira Lúcia Bettencourt visita a USC como premio pola sua literatura

La Voz

BARBANZA

18 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A escritora brasileira Lúcia Bettencourt visita a USC como gañadora do Concurso Nacional de Contos Josué Guimarães, coa finalidade de «promover a cooperación cultural entre os dous países e a difusión da USC entre a sociedade brasileira», segundo a Vicerreitoría de Cultura, que promove a iniciativa.

Bettencourt é tamén profesora e crítica literária, e fora recoñecida pola súa escrita con outros premios. No tempo que pasou en Compostela tivo encontros con escritores, críticos e coa comunidade universitaria.

Onte, acompañada de Carlos Quiroga, profesor de portugués e vogal da Asociación de Escritores; Carmen Villarino, profesora de literatura brasileira; e Luciano de Melo, leitor brasileiro na USC, foi recebida polo vicerreitor de Cultura, Elías Torres Feijó.