A rexedora recoñece que a primeira edición de Multivoz, no 2013, deulle fama a Lousame, algo que xerou máis visitantes dende entón.
-¿Qué supón para Lousame unha cita deste tipo?
-Supón, por una parte, abrir as portas para mostrar o noso territorio, a beleza da paisaxe, o patrimonio e compartir con todas as persoas que veñan una xornada de deporte na natureza; por outra banda, un gran esforzo de coordinación no que La Voz de Galicia, as asociacións, os técnicos do Concello, os voluntarios, Protección Civil e a escola de teatro municipal poñen moita ilusión.
-Trala edición do año pasado, ¿notaron unha maior promoción do municipio?
-A divulgación da actividade durante un período longo de tempo nos medios de comunicación por suposto que promociona o concello. Ademais, a gran cantidade de participantes nas distintas actividades o ano pasado promoveu que acudisen moitos grupos a visitas organizadas a mina de San Finx ou a participar en rutas que se organizaron durante o resto do ano.
-Cumprir as normas establecidas é fundamental para que todo saía ben.
-É fundamental e imprescindible que se respecten as normas e os horarios, ou as rutas establecidas. Ademais de que todos se inscriban seguindo as instrucións que se irán facilitando.