O BNG de Muros propón unha renovación na maneira de entender a acción política

SANDE mUROS / la voz

BARBANZA

O BNG muradán preséntase ás eleccións cun proxecto renovado<span lang= es-es >. </span>
O BNG muradán preséntase ás eleccións cun proxecto renovado. Sande< / span>

Manu García encabezará a candidatura ao axuntamento

03 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Os nacionalistas muradáns presentaron onte a súa candidatura aos comicios locais, que estará encabeza por Manu García. Todas as persoas que participaron no acto cualificaron a actual composición política no Concello como «a peor corporación da historia democrática en Muros». Por iso, propoñen unha renovación de persoas, pero en especial de maneiras de entender e xestionar a actividade política dende a casa consistorial.

O candidato do BNG, Manu García, dixo: «Na corporación actual o PP estivo desaparecido, os 1.500 votantes do BNG víronse privados de representación pola actitude amosada polos concelleiros electos da nosa lista, e os socialistas fixeron ao seu antollo canto quixeron». E remarcou: «Nós queremos mudar esa tendencia facendo un Concello transparente na súa xestión, participativo na toma de decisións, e eficaz á hora de priorizar as actuacións».

Manu García tamén se referiu a como queren gobernar o municipio: «Con humildade, sacrificio e traballo, temos que ser quen de sacar a Muros da apatía na que vive, e conseguir que a emigración non sexa a única saída para os nosos mozos. Para iso, propomos crear un viveiro de empresas, o apoio decidido ao comercio local e a aposta por un turismo estábel e de calidade». O candidato del BNG cre que Muros «ten capacidade e recursos para que os seus veciños poidan vivir ben e aquí».

Antes que o candidato, tomou a palabra Manuel María Pena Silva, histórico nacionalista muradán, que lembrou os agravios que sufriu o BNG en Muros e agradeceu aos integrantes da lista o seu traballo para formar unha candidatura renovada, ilusionante e capaz de acometer a rexeneración democrática do BNG. Tamén falou o secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira. Animou aos candidatos, criticou a política neoliberal que promoven os partidos maioritarios e amosou as aspiracións do nacionalismo: «Queremos vivir e a traballar no noso país, sabemos que ten capacidade e medios para que ninguén se vexa obrigado a emigrar».