Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O BNG anima a manter aceso o facho do pensamento de Castelao no seu cabodano

Marta Gómez Regenjo
Marta Gómez RIBEIRA

BARBANZA

MARCOS CREO

Xavier Vence participou nos actos celebrados en Rianxo para conmemorar o pasamento do escritor

09 ene 2016 . Actualizado a las 15:39 h.

Un ano máis, a familia do BNG deuse cita en Rianxo para conmemorar o aniversario da morte de Castelao. No seu 66 cabodano, os nacionalistas realizaron a tradicional ofrenda floral diante do busto erixido no paseo da Ribeira e animaron a manter aceso o facho do pensamento do pai do galeguismo.

No acto político que precede á ofrenda floral, e no que puideron verse caras ben coñecidas do Bloque, participou o voceiro nacional da formación, Xavier Vence, que xunto co alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, reivindicou a necesidade de reafirmarse, como fixo Castelao no seu momento, no compromiso co país nun momento que recoñeceron complexo. Vence definiu aos nacionalistas como herdeiros do ilustre rianxeiro e afirmou: «O nacionalismo é unha das fortalezas que ten este país e seguirao sendo».

Tamén participou no acto a secretaria comarcal de Galiza Nova, Elvira Blanco, que reivindicou a vixencia do pensamento de Castelao, falando máis concretamente da emigración, que marcou a vida do intelectual e que hoxe en día está a vivir a mocidade galega.