Gaiteiros de toda Galicia homenaxearán aos Rosales

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

A entidade elixiu Rianxo para o seu xantar anual

21 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Gaiteiros Galegos elixiu Rianxo para a celebración da vixésimo segunda edición do seu Xantar Gaiteiro, unha xuntanza que ten como finalidade servir de punto de encontro dos amantes da música tradicional. Aproveitando o desembarco na vila mariñeira, o colectivo renderalle homenaxe a Xosé Romero e Maruxa Miguéns, fundadores do mítico grupo Os Rosales, que levan máis de seis décadas difundindo os sons galegos.

O programa de actividades deseñado pola asociación arrancará coa homenaxe, que terá lugar no auditorio. Posteriormente haberá un roteiro musical polos bares da vila, para concluír logo co Xantar. Os interesados en asistir teñen ata mañá para anotarse. Poden chamar aos números de teléfono 986 847 074 ou 982 229 966.

Domingo • Auditorio municipal de Rianxo • 12.00 horas • Roteiro polos bares da vila • 13.00 horas • Xantar en Casa Pachín (Taragoña) • 14.30 horas •