«O viquingo converso» chega ás táboas do auditorio rianxeiro co grupo Úrsula

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

A obra escrita por Xesús Santos narra a orixe do desembarco das Torres do Oeste

28 jun 2018 . Actualizado a las 14:33 h.

Hoxe e mañá • Auditorio de Rianxo • 22.00 horas • O grupo de teatro Úrsula de Catoira representará en Rianxo, por partida dobre, O viquingo converso, unha obra que xorde a partir do libro no que Xesús Santos conta as orixes do popular desembarco das Torres do Oeste.

 

O historiador rianxeiro atribúelle ao cura Faustino Rey Romero a instauración da cita cando, no 1962, convidou a un grupo de amigos, entre os que se atopaba el mesmo, a pasar a noite ao pé de dito monumento. A historia chega ás táboas baixo a dirección de Fátima Rey.