
O conselleiro de Cultura asinará un convenio de colaboración para a posta en marcha dunha biblioteca infantil e xuvenil ilustrada
15 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Museo do Gravado de Artes (Ribeira) • 12.30 horas • O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, estará hoxe no Museo do Gravado de Artes para asistir é entrega do premio Atlante. Previamente, asinará un convenio de colaboración para a execución dun proxecto de climatización e para a posta en marcha dunha biblioteca infantil e xuvenil ilustrada. No acto estarán o presidente da fundación que xestiona o museo, Manuel Ruiz, e o vicepresidente, Javier Expósito. Tamén acudirán o empresario Ramiro Carregal, a deputada Ánxela Franco e o profesor Juan Monterroso. O artista Alfonso Costa será o encargado de ler a acta do xurado. A nota musical correrá a cargo de Juri Durán, do conservatorio ribeirense.