O Seminario sobre a Memoria finaliza cunha visita guiada

La Voz

BARBANZA

Os participantes coñecerán os lugares relacionados coa memoria histórica no Pindo

21 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 10.00 horas • Confraría de Pescadores do Pindo • A novena edición do Seminario sobre a Memoria, que impulsa a Nova Escola Galega di adeus hoxe cunha xornada cargada de actividades de todo tipo. O programa comezará ás dez da mañá cunha charla do profesor Miro Villar sobre o libro Aramados: os meus nove meses polos campos de concentracións de Francia, de Manuel García Gerpe.

Tras un breve descanso, terá lugar una visita polos lugares relacionados coa memoria histórica no Pindo, que correrá a cargo de Xilberto Caamaño, presidente da Asociación Monte Pindo. Unha vez acabado o xantar, sobre as 16.00 horas, o seminario finalizará cunha posta en común das conclusións.