
O cineasta é o convidado no acto mensual de Barbantia
26 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Esta tarde • 20.30 horas • Centro social de Boiro • O mundo audiovisual será o protagonista do acto mensual impulsado pola Asociación Cutural Barbantia, coa colaboración de La Voz e o Concello de Boiro, e que terá como invitado de excepción ao director Carlos Lorenzo. Este será o encargado de presentar a súa longametraxe Vértice de versos, un traballo no que se fai un repaso da produción poética galega desde a década dos anos 90, contando coa colaboración de escritores e críticos.
Ademais de Lorenzo, no acto tamén participará Alberto García, director do centro social de Boiro, Milagros Torrado, secretaria de Barbantia, e o alcalde boirense, Juan José Dieste.