![](https://img.lavdg.com/sc/zXbLwZXNTK_HOF7R5Y6iBQ3jNVs=/480x/2018/12/20/00121545300542327727291/Foto/BD21C10F1_1.jpg)
Trátase dun volume que reúne a obra de noventa autores ao redor desta cima única en Galicia que se eleva ao leste de Compostela, en Boqueixón
20 dic 2018 . Actualizado a las 15:09 h.Hoxe • Centro cultural Lustres Rivas (Ribeira) • 20.30 horas • Barbantia, Alvarellos Editora e o Concello de Ribeira aliáronse para presentar no Lustres Rivas o libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda. Trátase dun volume que reúne a obra de noventa autores ao redor desta cima única en Galicia que se eleva ao leste de Compostela, no municipio de Boqueixón.
Está prevista a participación no acto de Fernando Lavandeira, Xosé Manuel Lobato e Xosé Ricardo Losada, como participantes na elaboración do volume. Tamén intervirá o rexedor local, Manuel Ruiz Rivas.