Xurxo Gago: «Hai que premiar aos gandeiros que aposten por boas prácticas»

La Voz

BARBANZA

28 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da asociación naturalista Axena, Xurxo Gago, ten moi claro que as periódicas alertas sobre ataques do lobo «son un clásico. O lobo ataca por todos os lados, aínda que logo se trate de cans ou de cuatreros, como acontecera no pasado en Rianxo»

Dende este colectivo están en garda ante «os casos de novas sensacionalistas: que sempre ten a culpa de todas as mortes e que anda preto das casas». Ademais, o biólogo sinalou que hai un problema no baseamento da mecánica de repartición de axudas a afectados, posto que «todas estas lendas negras que escoitamos habitualmente indican que o pago de subvencións non cambiou a mentalidade sobre un animal que tamén ten dereito a vivir no monte coma os demais».

Ao seu parecer, as condicións únicas que reúne a serra atlántica, de constantes precipitacións sen presenza de neve, rematou por crear un modelo de gandería que non require de gran control, ao contrario do escenario europeo: «Hai que premiar aos gandeiros que aposten por boas prácticas, como recoller as reses antes de que pairan, o uso de mastíns e estar pendentes».