p
26 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.1. O seu mellor momento para a lectura. Pola tarde ou a partir das doce da noite.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Leo as críticas ou deixo que me aconsellen os amigos e a familia.
3. Que lle achega a lectura? Un auténtico pracer meterme nunha historia e deixarme levar, até esquecerme de onde estou.
4. Os seus libros favoritos. A literatura de evasión. É un pracer que te eleva por riba das experiencias da vida normal e che permite formar parte de algo intanxible, perfecto e sublime.
5. Un xénero literario. Leo bastante ensaio, pero o que máis me agrada é a novela.
6. Un personaxe e un espazo literario. O personaxe de Nano na cidade de Compostela do libro de relatos Caixón desastre, de Suso de Toro.
7. Que está a ler agora? Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. En galego, Daniel Asorey; e en castelán, Miguel Delibes e Rosa Montero.
9. Que actividades amais da lectura ocupan o seu lecer? Son afeccionada aos paxaros, aos insectos e fungos, pero especialmente a montar a cabalo.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. A praia das Furnas, en Xuño.