A lectora: Adriana Quesada

La Voz

BARBANZA

LA VOZ

O seu mellor momento para a lectura? Antes de deitarme ou despois de comer

16 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura? Antes de deitarme ou despois de comer.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. O xénero, a temática e a autora.

3. Que lle achega a lectura? Aventuras que non podería vivir doutra forma.

4. Os seus libros favoritos. A insoportable levidade do ser; África, a vida espida e Herba.

5. Un xénero literario? Investigación xornalística.

6. Un personaxe e un espazo. Carrie, de Stephen King, e a Barcelona de 1918 de A verdade sobre o caso Savolta, de Eduardo Mendoza.

7. Que está a ler agora? A metamorfose, de Franz Kafka.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Agustín Fernández Paz e Milan Kundera.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Escribir.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro? O castro de Baroña.