
A data límite para que as pezas cheguen ao Museo do Gravado é o 30 de agosto
12 ago 2024 . Actualizado a las 22:29 h.O Museo do Gravado, en colaboración coa asociación Barbantia lanzan a novena edición da exposición colectiva Barbantiarte, que se celebrará en setembro e que busca representar a arte que se fai na comarca. Acéptanse todo tipo de disciplinas. Os requisitos é que teña algún tipo de suxección para poder exhibirse, que sexa unha por artista e non anterior ao 2022.
Para poder participar, a peza debe estar no museo, como data límite, o 30 de agosto. E para elaborar o catálogo, antes do día 24 é preciso ter una imaxe e unha ficha técnica cunha recensión. Os interesados deben mandar un correo a fundartes@fundartes.gal ou chamar ao 981 871 342.