Teñen ben gañado o alcume de fodechinchos, non porque veñan a polo peixe máis barato, senón polo seu incívico comportamento propio das masas
27 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Omes de agosto está morrendo e moitos deixarán de facer o agosto, pero moita xente quedará aliviada pola fuxida do aluvión de visitantes que estamos tendo ultimamente e que non deixan de xerar titulares. Coches que caen ao mar, coches que alcanza a marea alta, clientes cutres de bares que ocupan mesas sen consumir, persoas que trepan polas fachadas dos nosos monumentos, rapaces que soben a onde non deben mentres os pais miran o móbil, esixencias aos hostaleiros de pincho gratis, restaurantes que non admiten xa novos clientes porque teñen reservadas previamente todas as mesas...
Teñen ben gañado o alcume de fodechinchos, non porque veñan a polo peixe máis barato, senón polo seu incívico comportamento propio das masas.
Poderemos vivir como sempre, saudar aos veciños, evitar as noticias morbosas dos medios de comunicación. Poderemos transitar sen atrancos, sen colas, sen falas raras, sen prepotencias. Todos menos aqueles lugares que caeron na tentación do turismo rápido, como Sanxenxo, Combarro ou Fisterra.
O equilibrio social é unha materia na que comezamos a suspender, e repetir curso é repetir teimas. Moitos non son conscientes de que a excelencia que temos en Galicia e a nosa calidade de vida depende del, e de non permitir que nos volvan invadir como en calquera guerra.
Non quero dramatizar, pero ata o cambio climático nos prexudica, porque produce migración temporal por mor do inferno que viven no sur. Debemos programar un futuro sustentable e non deixarnos engaiolar pola atracción do turismo.