Queremos Galego Barbanza recorre a Castelao para chamar aos veciños a mobilizarse a prol do idioma

m. x. b. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

DANI GESTOSO

Habilitará autobuses para a manifestación que terá lugar o 23 en Compostela

10 feb 2025 . Actualizado a las 12:33 h.

O vindeiro día 23, coincidindo co Día de Rosalía, celebrarse en Santiago unha manifestación a prol da lingua. Está convocada por Queremos Galego, unha plataforma que a nivel Barbanza se reactivou nas últimas semanas precisamente para chamar aos veciños a sumarse a esa gran mobilización. Con ese fin levouse a cabo este domingo, en Rianxo, unha lectura de textos de Castelao relacionados coa defensa do idioma.

Estaba previsto que a actividade se desenvolvera no paseo da Ribeira, diante do busto erixido en memoria do galeguista, pero o mal tempo propiciou que os participantes se trasladaran finalmente ao Cuartel Vello da localidade. Alí déronse cita unha trintena de persoas, boa parte delas representantes de partidos políticos, asociacións e sindicatos.

A lectura de textos de Castelao foi o arranque da campaña que se prolongará ata o vindeiro día 23 e ven precedida de xuntanzas levadas a cabo en Rianxo e Boiro para coordinar as actividades a emprender para mobilizar á poboación da comarca.

Agora, a plataforma abrirá un período de inscrición para as persoas que queiran trasladarse en autobús a Santiago para participar na manifestación a prol do galego, que arrancará ao mediodía na alameda e culminará la praza do Obradoiro. A idea é habilitar os autocares que sexan necesarios.