
O tema verá a luz este domingo ao mediodía
19 feb 2025 . Actualizado a las 13:51 h.O músico de Noia Narci Rodríguez decidiu renderlle a súa particular homenaxe a Rosalía de Castro lanzando unha versión especial e renovada do Negra sombra asinado polo lucense Xoán Capón. O tema estará dispoñible nas plataformas dixitais, xunto cun vídeo gravado no coliseo Noela por Fátima de Oliveira, o domingo, día do aniversario do nacemento da escritora do Sar, ao mediodía.
Narci Rodríguez, habitual na escena galega de jazz, vén de lanzar o seu quinto traballo discográfico co dA Trío, baixo o título The glitch: suite for the sad young men.