
A artista fará un repaso polos 25 anos de carreira profesional
13 may 2025 . Actualizado a las 14:37 h.Dentro da programación especial que o Concello de Ribeira deseñou para conmemorar o Día das Letras Galegas, este venres (ás 21.15 horas) o novo auditorio acollerá unha actuación da artista Mercedes Peón, que presentará o espectáculo Ingrávida, co que festexa os seus 25 anos no mundo da música.
Ao longo de 70 minutos a cantante ofrecerá un percorrido polo seu repertorio no que non faltarán temas do seu primeiro traballo, Isué. Sobre o escenario ribeirense acompañarán a Mercedes Peón o dúo Caamaño e Ameixeiras, o grupo Galíricas, as agrupacións de música tradicional Raigañas de Cerqueda e Xirifeiras, e as artistas Mónica de Nut, Ana Fernández e Laura Iturralde. O custe das entradas será de 3 euros , que poderán mecarse na web de ataquilla.com.