Vegalsa-Eroski e Xunta de Galicia homenaxean ás cantareiras polo Día das Letras
RIBEIRA / LA VOZ
BARBANZA

Carteis, imáns, marcapáxinas e bolsas especiais repartiranse estes días en 150 establecementos
17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Xunta de Galicia e a empresa de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis nunha campaña con motivo das Letras Galegas coa que este ano homenaxean ás canteiras e a poesía popular oral.
No mes de maio, Vegalsa-Eroski exhibirá nos seus 150 establecementos carteis conmemorativos, e na tarde de onte tivo lugar nun supermercado da Coruña a pegada das primeiras láminas, ilustradas co deseño gañador do Concurso das Letras impulsado pola Xunta. O premio recaeu no colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda.
Asemade, no marco desta campaña de homenaxe estanse a repartir imáns e marcapáxinas nos que se recollen coplas das Muiñera II, das Cantareiras de Mens. Vegalsa tamén distribuirá unha edición especial das súas bolsas.