
Oito centro participaron nun festival que busca promover a poesía oral en galego
23 may 2025 . Actualizado a las 15:13 h.O Pazo de Goiáns foi escenario este venres do segundo Certame de Regueifas dos centros de ensino do municipio, unha iniciativa impulsada polo Concello de Boiro xunto cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos colexios. Contou coa presenza da concelleira de Ensino, Carmen Silva.
O alumnado participou previamente nuns obradoiros que se impartiron nos centros e nos que tivo oportunidade de familiarizarse coa regueifa e practicar xogos de palabras. O festival estivo presentado por Lupe Blanco e Luis Caruncho e nel participaron estudantes de oito colexios e institutos.
A finalidade desta actividade é dar a coñecer entre a rapazada a poesía oral improvisada en verso.