Aguiño e monte Louro

Ciprián Rivas VELAÍ

BARBANZA

O turismo podería actuar como xerador dun movemento económico, que vaia máis aló dos meses de verán mellorando as infraestruturas viarias
O turismo podería actuar como xerador dun movemento económico, que vaia máis aló dos meses de verán mellorando as infraestruturas viarias MARCOS CREO

O turismo podería actuar como xerador dun movemento económico, que vaia máis aló dos meses de verán mellorando as infraestruturas viarias

02 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde Aguiño a monte Louro, praia de San Francisco, no concello de Muros, hai unha distancia de 70 quilómetros. O tempo de viaxe está nunha hora e quince minutos, si non se encontra demasiado tráfico, realizándose o traxecto por estradas de titularidade autonómica que cruzan centros urbanos como os de Xuño, Porto do Son, Portosín, O Freixo, etc.

A beleza da contorna convida a realizar este viaxe con tranquilidade e repouso para prezar a luz que iluminan paisaxes impresionantes, onde a ría e o océano aparece para que os humanos nos reconciliemos con nós mesmos. Máis unha accesibilidade tan limitada, na que a arteria principal é a AC-550, estreita, chea de curvas e lenta, convértese nunha eiva para o desenvolvemento económico dunha comarca con tendencia a perder representación nos rankings que definen a puxanza dos sectores industriais que define un determinado espazo xeográfico.

O turismo podería actuar como xerador dun movemento económico máis aló do verán, sempre e cando se melloren as infraestruturas viarias. As actuais son un reflexo de comezos do século pasado. Para atraer visitantes e desestacionalizar é necesaria a mellora das estradas, realizando autovías en vez de corredores de alta capacidade, metáfora das vías rápidas.

Esa mellora acompañada dunha campaña de promoción de eventos gastronómicos, culturais e deportivos atraerá a visitantes, incrementará o seu gasto e a súa estadía nas dúas comarcas e permitirá que desde Aguiño a Muros a viaxe sexa máis cómoda, sen perder encanto.