Ecpatía

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Imagen de archivo de unas pintadas en la fachada de la catedral de Santiago.
Imagen de archivo de unas pintadas en la fachada de la catedral de Santiago. PACO RODRÍGUEZ

29 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

antónimo de empatía é ecpatía, que vén sendo algo así como «a min só me importo eu, quero protagonismo, facerme popular e coñecido, facer o que me peta». Podería parecer algo banal, unha moda máis entre moitas, pero non o é. A ecpatía está calando fondo no tecido social, erosionando valores fundamentais que nos permitiron convivir en relativa harmonía durante décadas.

Se a sociedade chegou ata onde chegou foi, precisamente, grazas ao respecto polos demais, á capacidade de poñerse no lugar do outro, de coidar do común e preocuparse polo que sucede ao noso arredor. Agora, cada vez con máis frecuencia, o que se impón é o contrario: o individualismo extremo, a cultura do «eu primeiro», a falta de filtros, o desprezo polos coidados colectivos e a necesidade constante de sobresaír, mesmo pasando por riba dos dereitos e sentimentos alleos.

Médicos e mestres —referentes fundamentais de calquera sociedade que aspire a ser xusta e saudable— denuncian que trala pandemia aumentaron condutas agresivas, egocéntricas e carentes de empatía. Eles, que traballan coas persoas e para as persoas, veñen sufrindo agresións verbais e físicas nunca vistas. Só no Día do Apóstolo, unha ducia de persoas foron agredidas en Compostela, sen esquecer as pelexas e empurróns que vivimos xa con certa normalidade en moitos actos públicos. Non pasa en todos, pero si en demasiados. Aínda estamos a tempo de reaccionar. Sen empatía, a sociedade esfarela.

Isto pode explicar moitos dos sucesos que vimos sufrindo ultimamente: as pintadas nos monumentos, agresións ao patrimonio cultural, lixo nas rúas.