Casas móbiles

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Casa rústica para reformar en O Ribeiro
Casa rústica para reformar en O Ribeiro

23 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

maior parte das once millóns de parcelas de Galicia son rústicas, e dende principio de século non son edificables. Viñamos dunha vaga de espallamento de construcións por todo o territorio, unha rede incontrolable de cemento e ladrillo que, ademais de estragar a paisaxe, producía anomalías no control dos servizos: augas sucias descontroladas, colectores de lixo arreo polo país, recollida escolar de pequenos por todas partes.

Con bo criterio, a Xunta decidiu non permitir construír máis nas terras que teñen que ser para agricultura e usos forestais, obrigada polos criterios da Unión Europea. Moita xente propietaria de predios rústicos —aos que a Xunta obriga a manter limpos— comezaron a interesarse por instalar casas móbiles neles, pero non está permitido.

Cómpre reflexionar: que é unha casa móbil? Talvez unha casa con rodas, que se pode trasladar dun lado a outro, como unha autocaravana? Hai unha diferenza, é que a autocaravana non está conectada a unha rede de auga corrente nin á rede de saneamento, tampouco ten luz enganchada. Se se dan estes tres supostos, ningunha casa é móbil, porque está ancorada a liñas de fornecemento de servizos. Polo tanto, esquezan a idea de instalar casas móbiles (mobilhome) onde non permiten facer casas fixas. A resposta municipal vai ser negativa.

Non se pode enganar dicindo que teñen rodas, porque están pensadas para deixar fixas no terreo, enganchadas a unha rede de auga potable, conectadas ao saneamento e con enganche e contador de luz. Iso non é unha casa móbil, senón un truco para tentar construír onde non se pode, contaminando o mesmo.