cargo da británica The San Finx Tin Mines Limited polo 1880,
pertencente a familia Burbury ata o ano 1940.
Do estaño pasaría ao volframio, material solicitado na II Guerra Mundial, tanto polos nazis como polos aliados, a quen Franco satisfixo nas súas demandas
15 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Días pasados o presidente da Xunta, no transcurso dunha rolda de prensa, anunciaba que Galicia alberga no seu territorio unha importante cantidade de minerais críticos e de terras raras, confirmado por un estudo no que participou a Universidade de Santiago de Compostela, calculando que a explotación destes materiais pode acadar entre 25.000 a 40.000 millóns de euros. Así, confírmase que existen cinco corredores metaloxenéticos, que concentran «o maior parte do potencial destes elementos críticos».
Un destes corredores é o de San Finx-Santa Comba, formando un dos xacementos destacados de España na explotación do volframio, inda que o de San Finx, no concello de Lousame comezou coa explotación do estaño, a cargo da empresa británica The San Finx Tin Mines Limited aló polo 1880, pertencente a familia Burbury ata o ano 1940. Do estaño pasaría ao volframio, material solicitado na Segunda Guerra Mundial, tanto polos nazis como polos aliados, a quen Franco satisfixo nas súas demandas. Hai quen lembra carros cargados deste material transportados desde Vilacova, aldea na que se encontran as minas lousamianas, ata Tarragoña para seren embarcados cara ó Reino Unido e Alemaña.
Grandes fortunas naceron nesta contorna derivadas das minas e grandes desgrazas con morte debida a silicose, e a tiros de fusil para aqueles que fuxían da garda civil por andaren 'a roubacha' deste mineral tan prezado. Daquel tempo, quedounos a aldea de San Finx para que ninguén se esqueza dun pasado de fame e de miseria, hoxe convertido nunha referencia turística, pero, tamén, quedounos a aprendizaxe de que se non coidamos do noso, ninguén o vai facer por nós.