Ana Pontón afirma que Altri suporá un «golpe definitivo á productividade da ría de Arousa»
A POBRA DO CARAMIÑAL

A voceira participou na Pobra nun acto de apoio do BNG á movilización convocada para o sábado
19 mar 2025 . Actualizado a las 16:07 h.A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, desprazouse ata A Pobra para participar nun acto de apoio do seu partido á movilización convocada para o sábado na vila contra a instalación da macrocelulosa en Galicia, encontro no que tamén interveu a tenente de alcalde da localidade, Amparo Cerecedo, e ao que asistiron representantes municipais e comarcais e as deputadas Rosana Pérez e Montserrat Prado. Na súa intervención, Ana Pontón fixo un chamamento a unha mobilización histórica o sábado na Pobra. Dixo estar convencida de que a manifestación «vai ser unha marea de dignidade».
Referíndose ao proxecto, dixo que a implantación de Altri suporá un «golpe definitivo á productividade da ría de Arousa». Ana Pontón asegurou que «esta batalla ímola gañar fronte a un PP disposto a traizoar a Galicia unica e exclusivamente para que Altri coloque no corazón deste país unha macrocelulosa que non quere Portugal».
A líder nacionalista advertiu que «as decisións de hoxe van hipotecar o futuro» de Galicia. Manifestou que a planta «vai ter unha afección clarísima na calidade das augas dunha ría que xa está vivindo neste momento unha crise produtiva sen precedentes e agora temos a ameaza de Altri e tamén a ameaza da mina de Touro». Ana Pontón asegurou ter o convencemento de que, coa excepción de Rueda e do seu goberno, non hai nin unha soa persoa en Galicia que «non considere que a macrocelulosa vai ter un impacto letal sobre a productividade da ría de Arousa e sobre a biodiversidade». Tamén se preguntou: «Se é tan boa, por que non a queren en Portugal».
Ao mesm tempo, Pontón cualificou de moi cuestionable o informe polo que se emitiu a declaración de impacto ambiental favorable da Xunta porque. Indicou que está cheo de vaguidades: «O que fai a Xunta é dar por válidos os informes que presentou Altri».