Boiro suma un festival de música ao calendario estival, o Bacanito

M. X. B.

BOIRO

cedida

Terá lugar os días 12 e 13 de xullo, pero esta noite servirase un aperitivo

16 may 2024 . Actualizado a las 14:35 h.

Os días 12 e 13 de xullo terá lugar en Valiño a primeira edición do Bacanito Fest, un festival que conta coa colaboración do Concello de Boiro. Polo momento están confirmados Mateo Abelleira, Mateo Fajardo, Maqui, Lustres, Dumore e Recho, aínda que o programa non está pechado e darase a coñecer en próximas datas.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este xoves na presentación desta nova iniciativa xunto con Mateo Fajardo e Diego Tercero, da organización. «Dende o Concello estamos moi contentos de apoiar esta nova asociación creada ca ilusión de ter máis actividades culturais no Concello de Boiro e na comarca do Barbanza, cun proxecto tan grande que nace este ano e esperemos que se consolide», afirmou a concelleira.

As entradas para o Bacanito Fest están xa á venda e poden conseguirse a través das redes sociais oficiais do festival, plataformas que segundo explicaron os representantes da organización tamén se empregarán para ir dando a coñecer as diversas actividades que conformarán o programa.

Co fin de presentar este festival, hoxe, a partir das 22.00 horas, terá lugar a Bacanito Party, unha cita celebrada na explanada da Cachada, que contou coas actuacións de Axel Verdier, Coro, Diego Tercero, Mateo Fajardo, Mateo Abelleira e Kai Prado.