San Finx, unha mina con historia

ALUMNOS DO CPI CERNADAS DE CASTRO (LOUSAME) SANTIAGO / LA VOZ

LOUSAME

Cedida

Lousame agocha unha excavación que deixou cartos e cicatrices no concello

09 nov 2024 . Actualizado a las 05:05 h.

Situado na comarca de Noia, Lousame é un concello que conta cun amplo patrimonio histórico, arquitectónico, arqueolóxico e industrial. Aínda que hoxe en día, segundo os datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística, a actividade económica máis destacada no concello ten que ver co sector primario, sobre todo a gandaría e a agricultura, isto non foi sempre así.

Houbo un tempo no que a actividade industrial supoñía unha das principais fontes de ingreso da poboación, atraendo incluso obreiros doutras partes da comarca e alén. As pegadas dese pasado pódense observar aínda hoxe nas diferentes parroquias: as ruínas das fábricas de papel que tiraban proveito da forza motriz da auga dos ríos, restos de muíños fariñeiros e por suposto a industria mineira.

Aínda que hai investigadores que afirman que xa se extraía mineral na antigüidade, foi nas décadas finais do século XIX e durante a maior parte do XX cando a minaría se converteu na principal actividade económica en Lousame. A poboación do concello chegou a máximos históricos a mediados do século pasado, cando chegaron a haber máis de 6.000 habitantes censados.

Do estaño ao volframio

Antes do volframio tivo lugar a extracción de estaño, pero sería o achado deste mineral nos montes de San Fins o que supuxo unha gran transformación para a bisbarra; a extracción do volframio comezou a producirse cando o enxeñeiro británico Henry Winter Burbury solicitou a concesión de permisos para a explotación de tres minas en 1833. Foi a partir de entón cando os ingleses comezaron a usar o termo Finx no canto de Fins e é por esta razón que hoxe en día o complexo mineiro aínda é coñecido como San Finx.

A chegada dos ingleses na procura de volframio converteu a Lousame na primeira explotación deste mineral en toda España e contaba con tecnoloxía punteira para a súa época, como demostra a exposición que se pode visitar no museo que hoxe en día xestiona o Concello de Lousame e que está aberto ao público.

Nas primeiras décadas do século XX a mina xa funcionaba a pleno rendemento, dando traballo a máis de catrocentas persoas, o cal vai supor a creación dun poboado que foi dos primeiros en ofrecer aos traballadores e ás súas familias vantaxes que hoxe a nós nos parecen totalmente normais pero que daquela eran toda unha novidade: electricidade, asistencia sanitaria, escola… A vida en San Finx era unha especie de oasis pois as familias inglesas trouxeran consigo valores e comportamentos sociais moi avanzados para a época; un exemplo disto é o feito de que contase con pistas de tenis ou coidados xardíns tan propios da campiña inglesa.

A Segunda Guerra Mundial

Co inicio deste gran conflito bélico, o volframio converteuse nun mineral moi cotizado pola súas propiedades a nivel militar para a blindaxe con aceiros especiais e outras aplicacións militares. Como consecuencia disto, produciuse unha auténtica febre por obter este prezado material, tanto por parte da Alemaña nazi como polos aliados. Foi así como Galicia e Portugal xogaron un papel destacado neste período histórico xa que era aí onde alemáns, británicos e estadounidenses podían atopar volframio.

A mina de San Fins non foi unha excepción e durante eses anos nos que o volframio era moi demandado e os prezos moi altos, xente de concellos veciños e de máis aló chegaron a Lousame para tentar extraer o ouro negro e deste xeito combater as penurias da posguerra civil española e a fame daqueles anos. Foi nestes tempos cando se fixo popular a expresión «andar á roubacha» e que fai referencia á actividade extractiva do mineral que moita xente realizaba nos montes de San Fins co obxectivo de gañar un xornal nese contexto de miseria e fame.

Coa fin da guerra comezou aos poucos a decadencia xa que a demanda de volframio descendeu moito, e no 1990 estaba claro que non había interese na mina e a explotación foi abandonada.

La iglesia parroquial de Santa María de Ordes acogerá hoy, a las 18.30 horas, el funeral por la joven de 14 años vecina del municipio que fue hallada muerta en el mar en Fisterra tras estar nueve días desaparecida. Previamente, a las 18 horas, tendrá lugar la bendición del cuerpo en la capilla del tanatorio municipal.

El trágico desenlace se conoció cuando un pesquero que faenaba en el litoral localizó en la mañana del día 1 el cadáver de la joven, vecina del lugar de O Castro. Estaba flotando en el entorno conocido como A Carraca, cerca del acantilado de Mar de Fóra.

La familia de la fallecida denunció su desaparición el 23 de octubre y se conoció que cogió un autobús de Ordes a Santiago, desde donde viajó a Fisterra, donde su móvil dio la última señal y donde también, en una playa, se encontró su mochila con su cartera y documentación.

Ecoloxistas, pescadores e mariscadores contra a reapertura polo coste ambiental que tendría a instalación

A extracción do volframio en San Fins tivo un impacto moi significativo na economía do concello de Lousame. Porén, esta actividade extractiva tamén tivo un impacto na saúde de moitos traballadores que sufriron doenzas como a silicose por mor do po en suspensión e que cos anos provocaban a morte.

Hoxe en día, coa mina actualmente pechada, a maior preocupación é a ambiental e a posibilidade da súa reapertura provoca as protestas por parte de diferentes colectivos que, segundo afirman, produciría un gran impacto ambiental. Desde Ecoloxistas en Acción, unha organización para a defensa do medio ambiente, sosteñen que a reapertura da mina «implicaría baleirar case mil millóns de litros por ano de auga do interior da mina, o que supoñería que durante a maior parte do ano, mais da metade do caudal do río Pesqueiras sexan os vertidos». Tamén explican que «polos procesos de formación de augas ácidas de mina, os residuos teñen elevados niveis de metais pesados como o cadmio, o cobre, o cinc e o mercurio».

En defensa da ría

Do mesmo xeito, pescadores e mariscadores mostran a súa preocupación polas consecuencias para a súa actividade económica que se pode ver afectada pola actividade mineira. Nos últimos anos producíronse unha serie de protestas e manifestacións en defensa da ría de Muros e Noia e contra a reapertura da mina de San Finx.

Máis alá destas consideracións, é evidente que a mina de San Finx forma parte da historia do concello e como tal a súa memoria debe ser conservada para que futuras xeracións poidan coñecer o pasado de Lousame.