A Andaina das Letras reviviu a obra de Zernadas de Castro

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

LOUSAME

Medio cento de persoas participaron nesta iniciativa

11 may 2025 . Actualizado a las 16:52 h.

Ao longo de cinco quilómetros, os 50 participantes na primeira Andaina das Letras de Lousame puideron descubrir a vida e obra de Diego Antonio Zernadas de Castro a través dos paneis que se instalaron no recorrido, que tivo partida e chegada no adro da igrexa de Fruíme.

Con esta iniciativa, quérese dar un novo paso na proposta para que a Xunta dedique o 17 de maio ao cura de Fruíme, «un namorado orgulloso da súa terra, defensor sen concesión da súa cultura ultraxada», como lembraron desde o Concello e da asociación de veciños Zernadas de Castro.