O alcalde de Zas, Manuel Muíño, xunto coa edila Pilar García, entregou persoalmente exemplares da obra sobre Labarta Pose
07 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Continúa o Concello de Zas divulgando a un dos seus veciños máis senlleiros, o baiés Enrique Labarta Pose. Hai un tempo que está na rúa o primeiro libro infantil en torno á súa figura, O poeta da terra, da autoría de Polo Correo do Vento, unha obra que xa se entregou nos centros de primaria do municipio e que se remitiu tamén aos 47 existentes nos concellos da Costa da Morte.
Desta volta, o alcalde, Manuel Muíño, e a edila de Educación, Pilar García, acudiron ao CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, onde entregaron cadanseu exemplar a alumnos de terceiro, quinto e sexto. Alí estudan tres rapaces empadroados en Zas. Acompañounos o director, José David Fernández, e o homólogo mazaricán de Muíño, Juan José Blanco.