Antón Rey presenta «Son galego» en Muros

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

MUROS

Antón Rey, na presentación en Santiago.
Antón Rey, na presentación en Santiago. RAG

O bonaerense dedícalle o seu poemario ao seu avó parterno, natural da parroquia muradá de Torea

21 jul 2025 . Actualizado a las 13:53 h.

O bonaerense Antón Rey presentará este martes, ás 19.00 horas, no local social de Torea o seu poemario Son galego, un texto que lle dedica a seu avó paterno, natural de Muros, que emigrou a Bos Aires. No acto, o autor da obra estará acompañado por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega e tamén muradán.

Rey foi alumno dos cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, que a RAG coorganiza da man do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago. No acto, aberto a todo o público, tamén intervirá o escritor Suso de Toro, que prologa o libro que edita Medulia.

Antón Rey asegura que o seu avó lle deixou un legado imborrable, a lingua galega: «Eu non cheguei ao galego porque lese a Rosalía de Castro ou a Castelao. Eu cheguei ao galego desde outro lugar máis íntimo e persoal, a través do meu avó. Del aprendía a amar Galicia».

Pola súa parte, Monteagudo destaca que o autor de Son galego é «un bo exemplo de ata que punto a construción da identidade das persoas é unha construción voluntaria». Da obra, o presidente da Real Academia Galega sinala que é «poética sinxela, directa, moi Borges, unha declaración confesional, aberta, sincera».