Compromiso por Galicia promove o uso do galego nos actos fúnebres

M.G. NOIA

NOIA

CEDIDA

A agrupación celebrou unha reunión informativa en Noia esta fin de semana

18 nov 2013 . Actualizado a las 14:18 h.

Compromiso por Galicia (CxG) está a desenvolver unha campaña para promover o uso do galego nos actos fúnebres. No marco desta iniciativa, esta fin de semana desenvolveuse en Noia un acto informativo no que participaron María Xosé Alfonso, Xoaquín Monteagudo e Xoán Bascuas e no que se defendeu que se recorde aos galegos «na lingua na que viviron», xa que «é a súa seña de identidade».

Ao remate do acto, medio cento de personas asinaron unha acta de vontades para que, chegado o momento, todo o relativo ao seu pasamento se realice en galego.