Un seminario afondará na represión durante a Guerra Civil en Rianxo e Compostela

La Voz RIBEIRA

RIANXO

Imagen de archivo del nombramiento de Xesús Santos como republicano de honra realizado por la Comisión por la Memoria Histórica de Barbanza
Imagen de archivo del nombramiento de Xesús Santos como republicano de honra realizado por la Comisión por la Memoria Histórica de Barbanza DANI GESTOSO

Os interesados en participar teñen a oportunidade de apuntarse de forma gratuíta a través da páxina web da Nova Escola Galega

13 may 2025 . Actualizado a las 17:38 h.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, en colaboración co Concello de Rianxo e a Asociación Cultural Barbantia, entre outras entidades; promove un seminario destinado a persoal docente para afondar na represión vivida durante a Guerra Civil na poboación xeral e, especialmente, na de Rianxo e Santiago de Compostela.

O obxectivo da actividade, que se levará a cabo no IES Félix Muriel de Rianxo e en Lavacolla, persegue posibilitar un mellor coñecemento do pasado recente e provocar unha actualización dos coñecementos sobre os temas abordados. Ademais, coa iniciativa búscase colaborar na consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos.

O programa dos seminarios, que vai dende o 6 ao 7 de xuño, contempla múltiples conferencias a cargo de expertos en distintas disciplinas.

Entre os poñentes estarán María Fernández, investigadora da USC; Carlos Labraña, dramaturgo; os historiadores Xesús Santos, Víctor Santidrián e José Álvarez; Rosalía Macías, xornalista; Ana Tarrío, profesora da USC; ou Antonia Pérez presidenta da Agrupación Cultural o Galo. Ao seminario tamén asistirán familiares de persoas que foron represaliadas durante a Guerra Civil.

Os interesados en participar teñen a oportunidade de apuntarse de forma gratuíta a través da páxina web da Nova Escola Galega. Para participar hai dispoñibles 50 prazas que se adxudicarán por estrito orde de inscrición. A valoración en horas para os docentes que acudan ao seminario será de 12, homologadas polas Xunta de Galicia.