A Feira do Libro desembarca en Rianxo para ofrecer catro xornadas cheas de cultura

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

Imagen de archivo de la Feira do Libro de Rianxo.
Imagen de archivo de la Feira do Libro de Rianxo. DANI GESTOSO

A pluma local Óscar Reboiras exercerá de preogeiro

23 jul 2025 . Actualizado a las 20:51 h.

Un ano máis, coincidindo coa Festa da Xouba, Rianxo dá cabida á Feira do Libro, cita que terá como eixo as sete casetas instaladas por outras tantas libraría, ás que se achegarán diferentes escritores para conversar cos lectores e asinar exemplares. Ao redor dese espazo principal desenvolveranse unha serie de actividades que propiciarán que a vila se encha de cultura ao longo de catro intensas xornadas.

O acto de inauguración da feira terá lugar este xoves, ás 13.00 horas, na praza Castelao. Contará coa asistencia de Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Óscar Porral, vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia; e Julián Bustelo, rexedor local. De pregoeiro exercerá o escritor local Óscar Reboiras, mentres que un cuarteto da escola municipal poñerá a nota musical.

Este autor volverá a cobrar protagonismo ás 19.00 para presentar o seu libro Cando o mundo é azul, co que gañou o premio Carlos Mosteiro. Comparecerá acompañado da ilustradora Carolina Nikelle. Nesta primeira xornada tamén pasará por Rianxo o escritor Xosé Ramón Branco Buxán, que falará sobre Nadal e consumismo; ao tempor que Alba López Paredes e Alejandro Otero Jamardo prestaranse a asinar exemplares.

A nivel lúdico, a programación complétase coas actuacións que ofrecerá o Mago Antón no paseo da Ribeira a partir das 11.00, cos xogos que Paporrubio brindará ás 18.30 e co espectáculo Cabaret acuático que percorrerá as rúas a partir das 21.00. O peche será musical e correrá a cargo de Abril e Familia Caamagno.

Ao longo das tres vindeiras xornadas seguirán pasando pola Feira do Libro de Rianxo outros escritores, como Rober Cagiao, Cristina Olea, Antía Martín Mosquera, Eduardo Estévez, Carlos Callón, Amanda Seibiel, Cristina Carou, Montse Fajardo, Mar Rey, Alfonso Barreiro, Rosa Suárez ou Fernando Cabeza Quiles.