A «talla» dun alcalde

Andrés Lijó Villa TRIBUNA ABIERTA

RIBEIRA

29 mar 2016 . Actualizado a las 17:57 h.

Como sempre o señor alcalde de Ribiera, Manuel Ruiz Rivas, cando non ten argumentos recorre a enlamar é a enfangar a resolución dos problemas. E para elo se lle fai falta recorre ó seu coro aplaudidor é acarrexador de votos e votantes que é a asociación das Amas de Casa, da cal a súa secretaria non se lle ocorre mellor cousa que facer gala de ter sido falanxista porque non se podía ser outra cousa. Direille que podo presumir de ter sido amigo de Miguel Rodríguez, o do Hotel Moderno, fillo de Miguel Rodríguez Bautista, persoeiro en cuestión. Temos compartido afeccións, opinións e diversións, pasado moitos momentos xuntos e teño un grato recordo del que non o vai enlixar vostede. O meu amigo Miguel non é responsable do que foi ou tivera sido seu pai, igual que eu non o son do que fixera o meu ou vostede do que fai ou teña feito seu pai. Tamén xoguei ó fútbol-sala con vostede é teño comido con vostede e non son nin penso como vostede, deus me libre!!!

E con respecto ó das «casas baratas», por certo, casas feitas en toda España cos cartos dos españois non cos cartos do alcalde de Ribeira, é verdade que tivemos a sorte na miña familia de ter disfrutado dunha delas, pagando con moito esforzo cada mensualidade como tantas outras familias humildes de Ribeira que alí vivimos é onde tamén tiveron a «sorte» de recibir vivenda outros cidadáns do noso pobo que chegaron a ser alcaldes da nosa cidade. ¿Tamén sería en compensación de algo? Pensa vostede que aínda debemos favores? Non enlixe señor alcalde.

Se fose vostede un alcalde para todos, non tería reparos en cumprir a Lei da Memoria Histórica e deixar de sacar bandeira dicindo que a cumpre cando todo o que se ten feito neste sentido é por sentencia xudicial ou decisión dos grupos da oposición a pesares da súa negativa e a do seu grupo político. Nin vostede nin ó seu partido cren nin apoian a Lei da Memoria Histórica e de tal xeito actúan.

Señor alcalde, sexa valente, faga caso das recomendacións da ONU e as do Comisionado de Dereitos Humanos do Consejo de Europa e axude a pechar esas feridas que están sen restañar. Cumpra a Lei da Memoria Histórica e póñase á altura de outros alcaldes españois que xa ó están facendo.