Non ten que ver co relevo, coa vexetación ou coas especies animais, nin co patrimonio etnográfico
26 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Sito en Ribeira, parroquia de Carreira, serve de atalaia sobre o Atlántico e a illa de Sálvora, no camiño cara a Aguiño. Alberga o fermoso parque de San Roque, a capela do mesmo nome, centros educativos etc. Frións é un topónimo singular, non rexistrado noutras latitudes. Non ten que ver co relevo, coa vexetación ou coas especies animais, nin co patrimonio etnográfico.
A súa orixe parece ser antroponímica. Dun *Villa Fridonis (Vila de Fredo), que perdería o primeiro elemento, como adoita facer noutros antrotopónimos, e iría evolucionando até Frións.
O significado do nome propio Fredon é «paz», do godo *frithu, que, unido ao adxectivo *nanths «audaz, valente», daría as formas Fredenandus, Frenandus e Fernandus rexistradas no século X nos documentos do latín hispánico. Deste nome persoal xermánico derivan todos os apelidos Fernández, que hoxe é o segundo máis corrente do noso territorio. A partir do século XI, na Galicia do medievo, figuraba xa como un dos quince nomes de maior sona.