Lectura pública de versos e caldo de gloria en sete bares polo Día de Rosalía en Ribeira
RIBEIRA
![](https://img.lavdg.com/sc/R47lME5-b9Yqam0tXJFR58HUO7s=/480x/2024/02/21/00121708522321765493576/Foto/S23F3183.jpg)
Soledad Felloza ofrecerá un espectáculo de narración oral dirixido a estudantes
21 feb 2024 . Actualizado a las 14:35 h.Os veciños de Ribeira terán ocasión de sumarse este venres ao Día de Rosalía con diversas actividades, entre as que figuran una lectura pública de versos e a degustación de caldo de gloria. Deleitarán con esta receita, inspirada no poema Miña casiña, meu lar, aos seu clientes A Recoveira, Cocoluche, Castelao, Plaza, Esmorga, Golimbreo e Pedra Pateira.
Ao longo de toda a xornada, as persoas que se acheguen á biblioteca municipal serán obsequiadas cun libro e unha flor. Pola mañá, no auditorio terá lugar unha actividade dirixida aos alumnos de primaria. Ata este edificio desprazarase Soledad Felloza, que ofrecerá o espectáculo de narración oral Como chove miudiño. Sobre as táboas, estará acompañada por dous músicos: Ánxela Vidal e Sabela Galbán. Algúns dos estudantes asistentes tamén participarán nun recital poético.
O colofón da xornada dedicada a Rosalía de Castro estará aberto a todos os veciños. Ás 20.30 horas, no Lustres Rivas, as persoas que o desexen poderán poñerlle voz aos versos da escritora do Sar.