
As actuacións comezarán o 27 de abril e prolongaranse ata xuño
12 abr 2025 . Actualizado a las 16:29 h.O Días das Letras Galegas vai dedicado este ano ás cantareiras, e por ese motivo o Concello de Ribeira decidiu organizar un roteiro para que as agrupacións do municipio percorran todas as parroquias. A actividade comezará o domingo 27 de abril, cunha sesión vermú en Palmeira amenizada por Bailadela e Sete Linguas.
A seguinte parada do programa será o 3 de maio en Corrubedo e Olveira, onde recibirán a visitas dos grupos Airiños da Guía e As Pandereteiras de Carreira. O propio día 17, no centro de Ribeira, haberá un pasarrúas a cargo de Tahúme e Bailadela e Sete Linguas; o 24 As Garridiñas e as Silvalveiras das Amas de Casa visitarán Oleiros e Artes; o 31 Tahume actuará en Carreira e Castiñeiras; e o 14 de xuño, Cantareiras e As Ferreñas irán a Aguiño.