
Dezasete artistas galegos expoñen os seus gravados na honra a «Sempre en Galiza»
10 jun 2025 . Actualizado a las 18:51 h.O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle unha mostra polo 75 aniversario do pasamento de Castelao da man da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital. A exposición consta de gravados de 17 artistas galegos en homenaxe a Sempre en Galiza, entre eles Antonio Murado, Berta Cáccamo, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Correa Corredoira, Manuel Moldes, Vidal Souto ou Alfonso Costa, entre outros.
Os interesados poden visitar a exposición de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e os sábados en horario de mañá, ata o 5 de xullo.