
O acto levarase a cabo este venres, ás 20.00 horas, na rúa Alexandre Bóveda
20 ago 2025 . Actualizado a las 17:37 h.O Bloque Nacionalista Galego celebrará este venres, ás 20.00 horas, en Ribeira o Día da Galiza Mártir. Na rúa Alexandre Bóveda de Ribeira levarase a cabo un roteiro da memoria, un acto reivindicativo «para honrar a memoria daqueles que deron a vida pola liberdade e os dereitos do pobo galego e para reflexionar sobre a vixencia do seu legado».
Na cita participarán os militantes Rafael Pazos, Xana Ledo, David González, a concelleira Antía Alberte, o profesor Xan Ermida e o alcalde, Luís Pérez.
«O exemplo de Alexandre Bóveda segue vivo, como unha semente que se transmite de xeración en xeración. A súa difnidade e o seu compromiso cunha Galiza xusta e soberana é algo que debemos ter presente», sinala Rafael Pazos, responsable do BNG na localidade.
Este encontro, apunta o BNG, pretender ser «un espazo aberto á participación cidadá, onde a memoria colectiva sexa instrumento de compromiso e mobilización en favor dos dereitos, a soberanía e a dignidade da nosa terra». A lembranza de Alexendre Bóveda ou Castelao, «símbolos de Galiza», pero tamén a ribeirenses como Lustres Rivas e outras persoas represaliadas: «Isto non só é unha reivindicación histórica, é a chispa que nos impulsa a construír un futuro onde Galiza poida decidir sobre os seus recursos e desino e construír unha sociedade asentada en valores democráticos».