Uxía, Sumrrá e a asociación Donaire actuarán en Ribeira da man da Deputación coruñesa
RIBEIRA

Os tres espectáculos enmárcanse no «Outono das artes»
10 sep 2025 . Actualizado a las 14:46 h.Outono das artes é un novo programa impulsado polo Concello de Ribeira que xorde para divulgar as diferentes formas de expresión artística existentes en Galicia. Este ciclo inclúe tres actuacións que chegan da man da Deputación da Coruña. Correrán a cargo de Uxía, Sumrrá e a asociación Donaire.
A primeira terá lugar o vindeiro día 20. Uxía subirase ás 20.00 horas ao escenario do auditorio co seu espectáculo Será por flores, co que conmemora os 40 anos que leva no mundo da música. Ofrecerá un repertorio no que conxugará os temas máis emblemáticos da súa traxectoria con creacións novas.
O 15 de novembro, tamén ás 20.00, tomará o relevo Sumrrá, unha das mellores formacións de jazz de Galicia, que está a celebrar os seus 25 anos de vida. O trío conmemora cun concerto especial as súas vodas de prata.
E o 22 será a quenda da Asociación Cultural Donaire, que tamén fará unha parada en Ribeira no marco da xira de celebración do 25 aniversario.
O ciclo foi presentado nun acto ao que asistiron as concelleiras de Cultura, Antía Alberte, e Educación, Cruz Rivadulla, así coma o dinamizador cultural Unai González. Destacaron que estas tres actuacións se suman a unha oferta cultural para o outono conformada pola Mostra de Teatro e a estrea, o 19, da compañía Enraizadas.