«O cine fai reflexionar e ser mellor persoa»

La Voz E. E. | CEE

CARBALLO

Entrevista | Carlos Pensado Lorenzo Todolos sábados deste mes estarán adicados a David Lynch

05 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

En Corcubión hai case un ano que tiraron abaixo o único cine que houbera na vila. Tiraron o cine, pero non o espíritu dos que disfrutan coa séptima arte. Carlos Pensado Lorenzo é unha desas persoas. Ademais de músico é cinéfilo, di que na súa casa pode ter unhas 1.500 películas. Desde hai un mes, os corcubioneses poden disfutar delas en pequenas doses e gratis. A Casa da Cultura transfórmase os sábados, ás catro da tarde, nun cine de repertorio polo que desfilan os clásicos. O mes pasado foi Lars von Trier, e este mes tócalle a David Lynch. Di Pensado que seguirá poñendo películas «ata que me boten de aí». - ¿Como xurdiu a idea de celebrar ciclos de cine en Corcubión? -É algo que xa fixen antes en Camariñas. Non sei ben porqué o fago, non gaño nada, pero polo menos unha vez á semana vexo unha película en pantalla grande. Sinxelamente, un día presenteime no Concello e propúxenllo ó alcalde. Unha semana despois estaba xa traballando. -¿Vai moita xente ás sesións? -Con Los Idiotas de Lars von Trier xuntáronse alí unhas 50 persoas, pero realmente a min non me interesa se vai moita ou pouca xente, senón que os que acudan o vivan. -¿De onde sae esa paixón polo cine? -Sempre me gustou, pero empecei en serio hai uns seis anos, despois de ver El Muro , de Alan Parker, pensei que facer cine era algo máis. O cine faiche reflexionar e ser mellor persona. -¿Que outros directores pasarán por Corcubión? -Quero proxectar obras de Buñuel, de Antonioni, de Wenders, de Carpenter e de moitos máis. -¿Algunha preferencia especial? -A min gústanme moito as vangardas, pero tamén os clásicos, incluso as películas de cine mudo de Murnau, Eisenstein ou Fritz Lang.