«O Miner debe incluír o labor de peche do xacemento»

Cristina Viu carballo

CARBALLO

Entrevista | Mariano Amil Os traballadores de Meirama agardan ampliar o plan do Goberno ata o ano 2010 ou mesmo máis tempo para manter?as axudas á reindustrialización

04 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?ariano Amil é presidente do comité de empresa de Limeira dende agosto do pasado ano. Tamén é responsable da minería da federación en Galicia de Comisións Obreiras. Traballa dende 1982 na mina de Meirama e é un dos que non se pode prexubilar, polo que terá que acollerse aos acordos de recolocación. -¿Canta xente está agora nesta situación? -Cando se asinaron os acordos, en 1998, éramos 82, pero agora coa ampliación do prazo do peche, xa só quedamos 18 e en función de como se desenvolva o noso esperemos que quede moi pouca xente para recolocar. Neste tempo levamos xa máis de 30 persoas que están traballando noutras empresas, pero dende o ano 2000 non houbo traspaso de traballadores. -Aféctanlles moito os motivos da folga da minería. -Aquí, non moito, porque o principal problema está na parte social e as nosas minas xa rematan no ano 2007, polo que a nós soamente nos afectan as prexubilacións e a industrialización, non a contratación dos novos traballadores. De todos os xeitos estamos dentro dun plan nacional e as medidas son globais. -¿Quizais os problemas sexan coas infraestructuras? -As infraestructuras entanse a facer. Agora están co enlace coa autovía, que quizais sexa o investimento máis importante. Tamén hai outras actuacións de mellora noutras estradas. Isto é moi importante porque facilita a implantación de empresas. -Pero a recolocación fana en empresas de Fenosa. -Pero estas medidas están encamiñadas a amortiguar a perda de emprego cando se peche a mina. -¿Mantense a data do 2007? -Si, sobre todo porque agora entra tamén en consideración o protocolo de Kioto e xa non haberá axudas para ese tipo de carbón. O primeiro tiña que pechar no 2004, pero pudose ir alongando a situación.? -¿Que lle parece que o xacemento se convirta co tempo nun lago? -O que se está a facer é moi interesante como recurso turístico e recreativo. En realidade o que se fixo foi buscar o mellor xeito de dar estabilidade ao furado que vai quedar. Trátase de garantir a seguridade dos taludes e facer contrafortes abaixo. -Supoño que vostedes seguirán traballando nisto. -Comisións Obreiras xa propuxemos que este tema incidira nas prexubilacións. Estamos negociando para incluír a prepararación do peche, así reduciríamos máis o número de recolocados ata facelo insignificante. Prantexamos esta situación ao ministerio porque consideramos que o Miner debe incluír o labor de peche do xacemento. -¿Canto durará? -Pretendemos que sexa o máis longo posible para que colla a máis traballadores e manteña máis tempo as axudas para a reindustrialización. Se todo remata no 2007 tamén se acabarán os cartos para infraestructura e formación, polo que temos que tender a ampliar. -Pero non saben por canto tempo. -Teremos que retirar a maquinaria e acondicionar os taludes. Tamén habería que levar un control de calidades das aguas, polo que calculamos que se podría chegar ao 2010 ou 2012. Cremos que a explotación non se pode entregar ata que non pase un tempo e tanto aos traballadores como aos veciños en xeral lles conviña que fose o máis longo posible. -Aínda que os motivos da folga non lles afectan directamente, ¿cal é a situación? -Estamos negociando co Goberno o plan 2006-2012, pero as negociacións rompéronse en xuño porque dan un paso para adiante e dous para atrás. Cambian os acordos de palabra ou retiran o que dixeron. Os atrancos están nas prexubilacións que queremos que sexan como as fixo o PP, aos 52 anos e sen límite de idade por abaixo, dependendo dos coeficientes redutores. O problema é que os máis afectados por este cambio son os picadores. Cremos que isto é discriminatorio e ademais pecha a porta a contratación de novos traballadores. O Miner non soluciona a reindustrialización porque as empresas marchan a concellos onde teñen mellores comunicacións, que son limítrofes coas das minas. -¿Pasa iso en Cerceda? -Non é o noso caso. Aquí a reindustrialización faise ben e sen problemas.