O auditorio de Baio acolle un festival con obras de teatro, pandereiteiras e gaiteiros

La Voz

CARBALLO

16 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O auditorio do polideportivo de Baio acolle esta tarde (18.00 horas, entrada libre) un festival no que os espectadores poderán disfrutar de obras de teatro, pandereteiras e gaiteiros. A organización correspóndelle ás asociacións culturais locais Adro e Badius.

O primeiro en actuar será o grupo de teatro do colexio Labarta Pose, que representará dúas obras baseadas en pezas de Labarta Pose: os contos O segredo do tío Zanfona e A lingua pequena.

Feminino Singular

Seguirá a intervención do grupo Feminino Singular, do instituto Maximino Romero de Lema, que dirixe Ricardo Vigueret Gil (o tamén presidente de Badius). A súa función será unha versión en estilo comedia do Drácula máis clásico, o de Bram Stoker.

Finalmente, o grupo de pandereteiras de Adro e máis os gaiteiros pecharán a tarde cultural coa interpretación de diversas pezas.