A Xunta tenta paliar as poucas saídas laborais que ten a xente nova
26 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, reuniuse en Carballo con informadores xuvenís de toda a comarca. O encontro foi na Casa da Xuventude.
-¿Cal é o motivo da súa visita?
-É a primeira vez que facemos este trasladalo a un ámbito territorial para tratar de acercar todos os recursos que ten a Xunta de Galicia e traballar coordinadamente coas oficinas de información xuvenil dos concellos. Estamos a facer un esforzo especial nas metodoloxías de traballo conxuntas cos propios informadores para ir sumando todas as sinerxias. Incorporamos máis medios e máis recursos aos programas de información e dinamización xuvenil. No marco deste encontro demos a coñecer o Plan Estratéxico para a Xuventude 2013.
-¿Que lles preocupa?
-A metade do presuposto é para emprego. Temos a xuventude mellor formada, pero estamos nunha situación complexa en materia de emprego. España aporta a metade dos dez millóns de parados que hai en toda Europa. É unha situación lamentable que está pagando a xente nova.
-¿Mobilidade significa emigrar?
-Un dos eixos estratéxicos é a mobilidade, pero entendida como unha educación non formal, como unha adquisición de competencias. Puxemos en marcha o programa Xuventude no Mundo. Poden ir a 20 países, non só de Europa. Quen os acolle son asociacións xuvenís deses países. É unha forma de enriquecemento. Incrementamos nun 50% os programas de mobilidade vinculados á experiencia laboral. Poden facer prácticas en distintos países.
-¿Deporte fronte a botellón?
-Saúde e deporte son dous eixos deste plan. Logramos incrementar nun 43% os programas de ocio alternativo como os da neve e outros como as noites saudables.
ovidio Rodeiro director xeral de xuventude