«Se son alcalde aseguro que a piscina si terá auga»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Cre que Malpica perdeu catro anos para levar a cabo proxectos vitais para o seu desenvolvementoÉ a primeira muller cabeza de lista no municipio e está convencida de sacar representación

08 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Optimista por natureza, Alfredo Cañizo Garrido (Malpica, 1957) aspira a ser o alcalde da localidade a partir dos próximos comicios do 22 de maio. «Cousas peores temos visto», asevera con seguridade. O fundador e portavoz da Agrupación de Independentes por Malpica (AIM) cre que o municipio necesita «de forma urxente un cambio de rumbo» para poder estar ao mesmo nivel doutros municipios costeiros de Galicia.

-¿Como afronta as eleccións?

-Con tranquilidade. A xente, a diferenza das xerais ou autonómicas, vota á persoa e, grazas a Deus, considérome un veciño que ama e loita por Malpica por riba de todo.

-Malpica é un crebacabezas político. ¿iso prexudica ou beneficia?

-Iso é un síntoma de que a cidadanía é, ante todo, inconformista. Contestando ao que vostede me pregunta creo que beneficia porque pódese dar coalicións e pactos de goberno interesantes.

-¿Gustaríalle ser a chave do futuro goberno?

-Claro. Pero teño que dicir que só estaría en disposición de pactar con aquel partido que máis se aproxime aos ideais de AIM. Non falo de persoas ou siglas, senón de proxectos para Malpica.

-Vostede xa estivo no equipo de goberno do PSOE e saíu escaldado.

-Eran outras circunstancias, non había maioría absoluta. Aínda así, conseguín que a festa de San Adrián fose de interese cultural galega, púxose en marcha a festa galega de Malpica, e que non se esqueza ninguén que fun eu o que puxen e marcha o proxecto da casa da auga porque falei co arzebispado para que dese o seu permiso. Iso si, se son alcalde comprométome a que a piscina terá auga e non a chapuza que está a facer o actual equipo de goberno.

-¿Por qué non hai pactos estables?

-Por celos, se alguén destaca arrinconáselle para que non destaque. Iso pasoume a min cando estiven no executivo.

-¿Cales son as prioridades de Malpica?

-Dende logo a depuradora, a gardería infantil, o centro de saúde de Buño, a posta en marcha dunha vez do polígono industrial, finalizar o saneamento integral do municipio... En definitiva, proxectos que no se fixeron. Acaba este mandato e teño a sensación de que se perderon catro anos para levar a cabo os grandes infraestruturas de Malpica.

En principio, en contra

En contra

A favor

A favor

A favor, pero con matices

A favor

A favor

En contra

A favor

A favor, con matices, da chegada de inmigrantes

Ovos fritos con patacas

Lamprea

Albariño

Cervexa

As cigalas

O rodaballo

Reanult Megane

Deixeino fai sete anos

Do Dépor dende sempre

Ler, tocar o órgano e a informática

Paolo Coelho

A Biblia e O Alquimista

Ben Hur

Tristán Ulloa

Robert de Niro

Audrey Hepburn

Julio Iglesias

Balada romántica e clásica

59 segundos e Pasapalabra

Portugal, sobre todo Cascais e Estoril, son fermosísimas