Cre que se non hai maiorías, debe gobernar a forza máis votada
16 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Amancia Trillo Lago (Ameixenda-Cee, 1958) foi a vicealcaldesa de Cee ata a semana pasada. Despois dun mandato que, con certos altibaixos, remataba de xeito tranquilo, chegou a operación Orquesta e o cambiou todo, precipitando a ruptura do pacto con Independentes por Cee.
-¿Pasaralle factura a operación Orquesta ao PSOE?
-Ao noso partido xa lla pasou. Foi a causa da ruptura do pacto. Xa tivo as súas consecuencias. Pasámolo moi mal con isto a pesar de non estar involucrados directamente, pero o principal prexudicado é o pobo de Cee.
-¿Pode ter para a súa agrupación un efecto electoral negativo?
-Non debería telo. Presentámonos coas mans limpas e seguimos con elas igual. É o electorado quen debe decidir, e supoño que xulgaran o feito en catro anos, non os feitos dos últimos meses.
-¿É posible reeditar os pactos no caso de que non haxa unha maioría absoluta?
-Eu non me plantexo ningún pacto actualmente. Preséntome para gañar, para ser a lista máis votada. Se non o son, prefiro que goberne quen máis votos leve. Pero insisto en que é cedo para falar de pactos. Ao mellor si que hai maiorías absolutas.
-¿Como senta que o alcalde diga que o PSOE intentou que fora encabezando a súa lista?
-Houbo conversas, agora e antes, pero quedaron niso. Si foran a máis, sería el o candidato, non eu.
-¿Como valora o feito nos últimos catro anos?
-A pesar de como acabou, o balance do mandato é moi positivo, dos máis prolíficos para Cee a pesar da crise. É unha pena acabar así. Tivemos moitas investimentos polo esforzo da Xunta de Touriño, da Deputación e do Estado. Fixéronse grandes cousas, non só polo tamaño. Os investimentos pasaron dos 10 millóns de euros.
-¿Que actuacións destaca?
-Por exemplo a humanización da praza, que antes era todo menos unha praza. Ou poder rematar a casa da cultura despois de tantos anos, ou a obra da gardería, que se fixo rápido e no seu prazo. O PSOE estaba no goberno cando se fixo a primeira e tamén con esta, se non abriu xa foi pola lentitude da burocracia. Houbo, ademais, moitas actuacións nas parroquias e programas culturais e deportivos de referencia na comarca.
-¿Que tal foi a convivencia entre os socialistas e os independentes?
-Non houbo problemas de convivencia sacando o tema particular do polideportivo. Ao final imperou o sentido común e aí está.
-Ao longo do mandato houbo tamén movementos importantes do PSOE, con dúas saídas relevantes, a de Jesús Garea e a de Manuel Lamela. ¿Houbo problemas a nivel interno?
-Friccións hainas en tódalas familias, pero non creo que ningún dos dous marchara por motivos internos. Os dous alegaron razóns persoais e non sei máis.
-¿Que levan no programa de goberno para os vindeiros catro anos?
-Somos conscientes da situación económica e non levamos grandes obras, pero si cousas necesarias para a calidade de vida dos veciños. Temos un programa realista e factible. Non só as grandes obras inciden no benestar dun pobo. As nosas actuacións centraranse en tres liñas, potenciar o turismo, crear emprego e mellorar a formación. En Cee as cousas que faltan son as cousas que faltan. Hai que acabar co saneamento, dinamizar a casa da cultura, tramitar o novo conservatorio e revitalizar o casco vello, entre outras cousas.
-¿Como lle gustaría ver ao seu pobo?
-Gustaríame ter un pobo tranquilo e sen paro. Esta última tempada pasámolo moi mal. Mentres moita xente tivo prestación, non fomos conscientes das necesidades, pero cando se lles acabou, vimos familias en situacións inimaxinables. O primeiro que pides é que esa situación desapareza. É complicado, pero estamos a falar de ideais.
-¿Que cambiaría?
-Creo que o primeiro sería mellorar o edificio do Concello, que precisa un cambio.
Depende dos casos
En contra
A favor, claro
Cada un que faga o que queira
Sí, pero regulado
Mellor con outras alternativas e enerxías sostibles
Non a todas
En contra totalmente
Só por razóns humanitarias
Sí pero regulada e con contratos
Ovos fritidos e todos os de mollar pan
Lamprea
Un tinto, e mellor con gaseosa
A tónica
Entre camarón e percebe cústame dedicir
Sardiñas asadas
O que me prestan os fillos
Fumo pouco
Non me vai, pero o son do Pereiriña e do Cee
Cociñar
Noah Gordon
La catedral del mar
El diario de Noah
Van Gogh
Paul Newman
Audry Hepburn
Francisco
A latina
Non me perdo nunca Españoles en el mundo, na primeira
Teño pendente ir a Italia
amancia trillo lago candidata do psoe de cee